A primeira parada do Correlingua é este ano na Coruña
O vindeiro venres miles de escolares correrán polas rúas da cidade reivindicando o uso do galego


A Coruña
A primeira parada do Correlingua este ano vai ser na Coruña. Este venres miles de escolares correrán polas rúas da cidade para reivindicar o uso do galego. Baixo o lema "Dende aquí ata acolá, saio xa", os nenos e nenas sairán ás once da mañá de Riazor para chegar á festa final con actuacións musicais na Torre de Hércules, a partir da unha.
A organizadora, A Mesa pola Normalización Lingüística, alerta da "situación de emerxencia" do idioma. En Coruña apenas o 5% dos nenos escolarízase en galego na súa entrada ao sistema educativo e un cuarto deles ao rematar a ESO di descoñecer o idioma.
O correlingua é o colofón final dunha campaña de normalización que inclúe distintas actividades como concursos de canto ou de creación artística. Ao longo do mes de maio haberá 10 "correlinguas" máis, en distintas cidades galegas.
Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.