Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Amador Díaz: “En Ecuador tamén hai entroido e auga termal”

O alcalde de Xinzo de Limia visitou recentemente o país para tecer colaboracións

Entrevista con Amador Díaz, alcalde de Xinzo de Limia, sobre a súa visita a Ecuador

Entrevista con Amador Díaz, alcalde de Xinzo de Limia, sobre a súa visita a Ecuador

00:00:0006:05
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Ourense

O rexedor de Xinzo de Limia visitou recentemente Ecuador. O motivo da visita foi participar nunha serie de actividades oficiais relacionadas co fomento de “mellores alternativas tecnolóxicas para o sector agrícola”, tal e como sinalan dende o consistorio.

A visita, entre o 10 e o 15 de abril, encadrouse na “Carta de Irmandamento” asinada entre ambas institucións. Esta mañá falamos con Díaz, quen valorou positivamente esta visita e destacou que Ecuador “é un microclima que permite sementar a pataca calquera mes do ano, é un país rico porque ten distintos tipos de froita, á hora da semellanza co cultivo da pataca tamén teñen producións como eiquí ou maior, seméntase a unha altitude de 3.600 metros e esas pendentes fai que teñan dificultade á hora de poder mecanizar, podemos atopar xente que recolle unha hectárea a man como se facía aquí fai trinta anos” afirma o alcalde de Xinzo.

Ademais, ao longo desta entrevista Amador Díaz explicounos as sinerxías que se van poñer en marcha como que pretende facer "un grupo de traballo”. É a primeira vez que o alcalde “cruzaba o charco” e adiantou que recibirá a visita de volta de agricultores ecuatorianos xa que “alí teñen dificultades á hora de poder conservar a pataca”.

Díaz levou unha Pantalla a Xinzo e ficou abraiado porque nun dos cantóns que visitaron atopou semellanzas coas máscaras de Viana do Bolo. Nesta liña, o rexedor agarda que se poida acoller unha máscara ecuatoriana no Museo Galego do Entroido.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir