O instituto Rafael Dieste organiza o seu primeiro festival baixo a campaña "Aquí tamén se fala galego"
Grande Amore, Boyanka Kostova, Leria e Lontreira actuarán o 7 de xuño na Praza da Tolerancia, con entrada gratuíta


A Coruña
Tras a exitosa campaña "Aquí tamén se fala galego", o instituto Rafael Dieste organiza o seu primeiro festival gratuíto exclusivamente con bandas galegas e baixo o mesma lema. Grande Amore, Boyanka Kostova, Leria e Lontreira actuarán o 7 de xuño na Praza da Tolerancia, a partir das cinco da tarde.
Alberto Pombo, promotor da campaña no instituto, di que os propios alumnos seleccionaron os grupos participantes segundo os seus gustos e a partir dunha playlist que crearon conxuntamente. Queren demostrar que desde un centro educativo e implicando aos alumnos pódese organizar un festival profesional. Engade que querían un cartel diverso que incluíse tamén representación feminina e con bandas que tocasen exclusivamente en galego. O festival non vai dirixido só aos propios alumnos do instituto, estará aberto a toda a cidadanía.
Con colaboración do Concello, Deputación de Coruña e Xunta de Galicia, o festival "Aquí tamén se fala" é o colofón dunha campaña de normalización lingüística que chegou a 50.000 alumnos de institutos de toda Galicia e conseguiu a colaboración de figuras como Amaia ou Viggo Mortensen.
Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.