As Mulleres Rurais de Arnuide, un ano de vida e 90 asociadas
O sábado 20 de abril farán unha andaina pola subida a Penaguda
Entrevista a Corona Gómez da Asociación Mulleres Rurais de Arnuide
05:28
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Vilar de Barrio
A Asociación Mulleres Rurais de Arnuide, en Vilar de Barrio, ten un ano de vida e 90 asociadas. A entidade está a desenvolver múltiples actividades no eido cultural, deportivo e social con gran respaldo das veciñas e veciños.
O vindeiro sábado 20 de abril farán unha andaina pola subida a Penaguda, que supón "unha vista preciosa de toda a Limia".
o prazo de inscrición rematada mañá mércores 17 de abril e só quedan tres prazas. O éxito de inscrición, con 70 persoas, fala da importancia destas actividades no rural, tal e como explica a presidenta da asociación Corona Gómez, que fala con moita ilusión desta primeira andaina. O prezo para se inscribir 5 euros e inclúe mochila, bocadillo, auga é froita. A dificultade é media e recomendan levar calzado cómodo para percorrer os 10 quilómetros.
Alén desta actividade, están a desenvolver obradoiros de pandeiretas, van facer os traxes rexionais, ofrecen pilates e van organizar para o 17 de maio unha homenaxe aos maiores de 85 anos con comida gratis e agasallo. As persoas que non poidan vir "recibirán o seu agasallo na casa".
Neste sentido, están agradecidas co apoio recibido polo concello.