Así foi a cuarta edición de Con Voz de Muller en Santiago
Unha reflexión sobre o papel da muller na sociedade actual insistindo en algunhas claves que agora xurden
A cuarta edición de Con Muller de Muller foi un éxito. Co Teatro Principal ateigado de asistentes, foron dúas horas e media de reflexións sobre o rol da muller en distintos eidos: a política, a arte e a comunicación.
Baixo a batuta de Aida Bao, xornalista da Cadena SER e responsable dos servizos informativos das fins de semana, Goretti Sanmartín, a alcaldesa de Santiago inaugurou a xornada facendo unha reflexión sobre o papel das administracións para lograr a igualdade.
Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago iniciou a xornada desenvolta no Teatro Principal de Santiago
Na primeira das mesas debateron a directora e cineasta Jaione Camborda, a escritora Arantza Portabales e a vocalista e compositora Nastashia Zürcher, sobre a evolución da presencia das mulleres no sector cultural.
A continuación foi o turno da proxección dun avance do documental 'Generación Porno' con Ruth Martínez, unha das súas responsables, Pilar Fernández, da Fiscalía de Menores, Patricia Alonso, profesora da Universidade de Santiago de Compostela, e Sira Vidal, do Proxecto de Igualdade do IES Rosalía de Castro.
A última das mesas foi a das xornalistas Montserrat Domínguez, directora de Contidos da Cadena SER e de Esther Palomera, directora adxunta de eldiario.es e tertuliana no Hora 25.
Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.