Sociedad | Actualidad

María do Ceo actúa en Xinzo de Limia

O concerto será o sábado 22 de marzo ás oito da tarde no Auditorio Ángel Cocho

María do Ceo actuará en Xinzo

María do Ceo actuará en Xinzo

Xinzo de Limia

María do Ceo é filla adoptiva do municipio, dende 2015, ofrecerá un repertorio luso-galaico o sábado 22 de marzo no Auditorio Ángel Cocho da Casa da Cultura.

María do Ceo: "Unha das cousas máis bonitas no profesional é ser filla adoptiva de Xinzo"

07:17

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1711112066456/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

A fadista pasou polos micrófonos de Radio Limia Cadena SER e explicou a importancia que ten este concerto para ela: "sei que me vou sentir como na casa, arroupada por xente que me agarima e me quere".

María do Ceo lembra que un dos aspectos máis significativos na súa vida foi o seu nomeamento como filla adoptiva de Xinzo: "Ser filla adoptiva de Xinzo é unha das cousas máis gratificantes que me pasaron a nivel profesional". De feito, no repertorio non faltará o himno que lle dedicou á vila.

A artista lembrou ademais, ao longo desta entrevista, a súa infancia "no río, co meu pai. Ese Xinzo que cheiraba a polbo e carne ao caldeiro nos días de feira".

A entrada ao concerto é de balde até completar aforo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00