Vía da Prata, unha oportunidade para coñecer a provincia de Ourense
Xunqueira de Ambía converteuse hoxe nos estudios de Hoy por Hoy Ourense para falar do Camiño Mozárabe

Programa especial Vía da Prata dende Xunqueira de Ambía

Ourense
A oficina de turismo de Xunqueira de Ambía converteuse no estudio de Radio Ourense Cadena SER por hoxe. Hoy por Hoy Ourense centrouse nesta xornada na Vía da Prata - Camiño Mozárabe.
Un camiño para o que o alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes, reclama visibilidade e apoio das administracións para publicitalo porque “este é o camiño máis longo dos que temos en España, dou as grazas polo ben que tratan as infraestruturas, pero agora necesitamos un empurrón”. Sinala que a parte máis bonita do camiño é desde Bobadela a Xunqueira, pasando por Padroso, por unha ruta de carballos e terra en boa conservación, “ves toda a lagoa de Antela por un lado”.
O rexedor explica que aínda que os albergues son dignos e as rutas están cada vez máis coidadas con un servizo de mantemento, “entre Xunqueira e o polígono de San Cibrao, precísase unha senda peonil”.
Tamén estivo en Hoy por Hoy Ourense o presidente da Asociación de Amigos da Vía da Prata, José Luis Rodríguez, quen sinalou que aman a natureza e é o motor do seu traballo. Falou, ademais, da importancia da “chegada do AVE a Ourense, cunha parada na Gudiña” que permite continuar a pé este camiño.
José Luis Rodríguez Cid, Asociación de Amigos da Vía da Prata
00:38
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Pola súa banda, o editor Bieito Ledo subliñou a importancia de invertir no Camiño Mozárabe pois “é invertir en cultura”. A historia de Xunqueira de Ambía explícase “a través dunha calzada romana que atravesa o concello e que, na época medieval, serviría aos peregrinos para achegarse a compostela, converténdose nunha ruta Xacobea”, explican dende o concello.
Pola súa banda, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, fixo fincapé na sorte de contar cunha ruta histórica con tradición, paisaxe, gastronomía e arte. "É unha oportunidade máis para que a provincia de Ourense saia do descoñecemento para moita xente”. Ademais, no programa tamén tiveron presenza a concelleira de Cultura Covadonga Suárez ou o director do centro educativo Javier Pérez. A música correu a cargo de Daniel Soldevilla.
Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense, fala dun programa para facer o Camiño Mozárabe en Semana Santa
00:39
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A Deputación de Ourense propón para Semana Santa realizar o itinerario Vía da Prata-Camiño Mozárabe por etapas e acreditar así a “Compostela”. Neste sentido, un autobús partirá de Ourense cada día para retomar a ruta, con tramos de 20 kilómetros. Ademais, contarán cun guía especializado.
A primeira etapa será Ourense-Cea. O prezo de inscrición son 49 euros e pode facerse a través de www.conocegalicia.es. Para máis información: 988 253 359.