Sociedad | Actualidad

Amador Díaz: "A dor de cabeza máis grande é a alternancia de cultivos"

Unións Agrarias mostra preocupación no cumprimento coa Política Agraria Común e pide axudas directas

Entrevista co responsable da sectorial da pataca de Unións Agrarias, Amador Díaz

04:36

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Ourense

Despois dun inverno que comprometeu a sementeira, o impacto das últimas chuvias preocupa ao sector agrícola na Limia. Ante esta realidade o responsable da Sectorial de Pataca de Unións Agrarias, Amador Díaz, ve necesario que "a Xunta de Galicia se implique para buscar solucións que palien a nefasta campaña de cereal da comarca da Limia; motivo polo cal a organización xa ten solicitado unha xuntanza coa Consellería do Medio Rural".

Dende o sindicato explican que as perdas previstas pola excepcionalidade climática deste ano son elevadas e de grande importancia para unha zona que, alén da pataca, ten no cultivo de cereal un piar fundamental para a súa actividade agraria; con máis de 10.300 hectáreas dedicadas á plantación de cereais de gran, cultivos forraxeiros e leguminosas e uns rendementos que, nun ano normal, oscilarían entre os 3500 e 4000 quilos de produción por hectárea.

Ademais, "preocupan as condicionalidades da PAC, facendo alternancia de cultivo que é a dor de cabeza máis grande". Neste sentido, agardan que a excepcionalidade climática deste ano se traduza "na flexibilización dos requerimentos PAC".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00