Hoy por Hoy SantiagoHoy por Hoy Santiago
Sociedad

Concello, Xunta e Deputación avanzan cara o parque comarcal de bombeiros

No Pazo de Raxoi esperan ter listo o convenio neste 2024 e pretenden que se poña en marcha sen agardar á construción das novas instalacións

Xan Duro: "O novo edificio non é unha condición sine qua non para o parque comarcal"

Xan Duro: "O novo edificio non é unha condición sine qua non para o parque comarcal"

09:19

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1710265841787/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Santiago de Compostela

O parque comarcal de bombeiros está cada vez máis preto de ser unha realidade. Hoxe á mañá, o goberno local de Santiago, a Xunta e maila Deputación da Coruña avanzaron nos detalles do convenio que recollerá a súa posta en marcha. O concelleiro de Seguridade, Xan Duro, avanzou na SER que o texto podería estar listo neste mesmo ano.

Duro explicou no Hoy por Hoy Santiago que a idea é que o parque comece a operar nas instalacións actuais dos bombeiros e que, unha vez botado a andar, contemplarase unha nova localización máis grande. O concelleiro recoñece que son necesarias unhas instalacións máis amplas pero que a urxencia reside en sacar adiante o proxecto en si canto antes: "Non podemos agardar dous anos para ter ese novo edificio", sostivo.

Iso si, o concelleiro non entende a posta en marcha do parque comarcal sen que se contemple un aumento de persoal. Di Xan Duro que o que se pretende é contratar vinte bombeiros máis, que serían catro por cada quenda. A xuízo do responsable de Seguridade, sería inviable cubrir o servizo con horas extra: "Imos deixalo en, cando menos, complexo", referiu.

O consorcio provincial de bombeiros achegaría un millón anual para estes gastos e o concello encargaríase da maquinaria. Xan Duro asegura que a dotación será suficiente cando cheguen os dous camións e mailo vehículo polivalente que están pendentes.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00