Da sala de estar aos recunchos máis agochados de Santiago: volve o "Faino Ti"
O festival explora a cidade na súa segunda edición a través de faladoiros e encontros poéticos, musicais e escénicos
![Elena Fernández: "É un festival de andar por casa e, mentres dure, será así"](https://cadenaser.com/resizer/v2/https%3A%2F%2Fsdmedia.playser.cadenaser.com%2Fplayser%2Fimage%2F20243%2F06%2F1709747310494_1709748076_asset_still.png?auth=41cffa6ed2d5bc7d5a67ca492c4f31575501df3bedd54381ab831a9829273831&quality=70&width=736&height=414&smart=true)
Elena Fernández: "É un festival de andar por casa e, mentres dure, será así"
10:23
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Santiago de Compostela
Un concerto a medio metro do sofá, unha obra de teatro improvisada na mesa do comedor ou un recital de poesía a carón do moble do televisor. Velaí o espírito do "Faino Ti". Cando menos, o da súa primeira edición: un festival feito na sala de estar. Neste segundo ano, boa parte dos eventos saen fóra do piso e conquistan os espazos máis descoñecidos da zona vella de Santiago.
Trátase dunha iniciativa promovida en orixe polas estudantes Teresa Villamor e Elena Fernández. Para a segunda edición, que vai do 7 de marzo ata o día 10, tamén contaron na organización con Daniel Souto. Pero non foi este o único departamento do festival que medrou, xa que os tres procuraron apoio económico na USC e mais en multitude de patrocinadores. "O que queriamos facer era algo máis profesional e pagarlle á xente que veña ben", sinala Teresa.
Á marxe da localización, esta segunda edición trae novidades en canto ós eventos. Daniel destaca os faladoiros e mailos contacontos, aínda que pon en valor a variedade de modalidades culturais que ofrecen: "O ano pasado xa era un festival que se destacaba por mesturar moitas cousas diferentes". Non obstante, o esencial non cambia: "O espírito segue sendo máis ou menos o mesmo", explica Elena.