Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Condenado a 11 anos de cárcere por tentar asasinar á súa parella e deixala tirada na rúa en Carballo

Terá prohibido comunicarse e aproximarse á vítima e aos seus dous fillos durante 15 anos e deberá indemnizar á afectada con 90.000 euros

Cabalar (EFE)

Costa da Morte

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a once anos e tres meses de cárcere a un home por tentar asasinar á súa parella e deixala tendida nunha rúa en Carballo. Ambos tiñan dous fillos en común e mantiñan unha relación estable desde facía uns vinte anos.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o tribunal considera probado que o 29 de maio de 2022, cando regresaban en coche ao seu domicilio, despois de estar acompañados de familiares e amigos en diversos establecementos da localidade de Carballo, comezaron unha discusión.

Após iso, nas inmediacións do domicilio que ambos compartían, o acusado parou o vehículo na estrada e, actuando con total indiferenza cara á integridade da vítima, calquera que fose o resultado, golpeouna fortemente varias veces na cara". Ademais, o acusado saíu do vehículo e propinoulle varias patadas na cabeza.

O tribunal, que tivo en conta as agravantes de parentesco e de xénero, e a atenuante de embriaguez, tamén lle impuxo a privación da patria potestade sobre os seus dous fillos menores de idade, así como a prohibición de comunicarse e de aproximarse á vítima e aos seus dous fillos menores de idade durante 15 anos. En concepto de responsabilidade civil, deberá indemnizar á afectada con 90.000 euros.

No xuizo, o home declarouse inocente, pero recoñeceu a agresión. "Claro que lle peguei" dixo, alegando que "só foron dúas patadas".

Mentres, a agredida argumentou que só lembraba ter estado nun local e logo aparecer no hospital.

A Fiscalía pedía 13 anos de preisión e a acusación particular 17, mentrees a defensa solicitou un ano por lesións agravadas.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir