Anímate a participar no 8M creando unha canción!
Queda pouco tempo

Cartaz do Concurso de Cancións do 8M / red

O Concello de Ribadavia está traballando nun amplo programa para festexar o Día Internacional da Muller. Entre o previsto está un concurso no cual se anima a todos e todas os interesados en participar a crear a letra dunha canción en galego e envíala a omix.ribadavia@gmail.com antes do 1 de Marzo.
A letra gañadora será convertida nunha canción, e o premio é que o autor pode cantala ou deixar que Nerea e Leonel a interpreten. Todos os participantes ceden os dereitos da letra para a canción.
A grabación realizarase no estudio na Oficina Municipal de Información Xuvenil, e a canción lanzarase o 8 de Marzo.