Unha "loitadora que fala do sentimento": Así ven a Rosalía de Castro estudantes de primaria
O CEIP lucense que leva por nome o da artista galega celebrou este 23 de febreiro coa lectura de poemas no Vello Cárcere
Unha "loitadora que fala do sentimento": Así ven a Rosalía de Castro estudantes de primaria
12:55
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1708697986934/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Lugo
"Unha loitadora. Unha escritora galega. Unha muller reivindicativa. Unha artista que fala de sentimento". Estas son algúnhas das frases que os estudantes do CEIP Rosalía de Castro, de Lugo, empregan para deifinir á autora do Rexundimento galego. Para moitos a primeira feminista da historia, unha muller cunha sensibilidade extrema e capaz de simbolizar un antes e un despois na cultura do país.
A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega reuníronse en O Vello Cárcere de Lugo para conmemorar o 187 aniversario do nacemento da poeta. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, destacou a figura “moderna, poderosa e valente” de Rosalía, e afirmou que isto converte á poeta “nunha das mellores figuras que nos definen como pobo”.
O acto, que arrincou na Praza Maior, contou coa tradicional ofrenda a Rosalía e a lectura do manifesto da AELG polo Día de Rosalía, escrito por Carlos Callón. Despois, realizouse a lectura pública de poemas de Rosalía, onde tamén participou parte do alumnado co colexio Rosalía de Castro.
Adela Figueroa, Toño Núñez ou Marica Campo tampouco faltaron á cita. Recitaron versos escritos pola artista ante a atónita mirada do futuro da sociedad lucense. Nenos e nenas que se ilusionan por recordar a quen estudan nas aulas.
Escape room en Ribadeo
Nos colexios de Ribadeo o alumnado achégase á figura de Rosalía de Castro a través doutra iniciativa diferente. Na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho os máis pequenos deben axudar a Rosalía de Castro a recuperar os seus libros, que están agochados, resolvendo varias probas que forman parte dunha 'escape room'.
Un 'escape room' para coñecer a Rosalía de Castro
07:49
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1708694391963/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
A través dunha carta é a propia Rosalía quen lles explica quen é e que precisa axuda para resolver unha serie de enigmas que os levarán ata eles. A propia carta xa é a primeira pista, pois ten un código agochado que deben aclarar.
A pista lévaos a atopar un poema, despois unha caixiña cunha chave dentro, e logo, empregando unhas liternas de luz ultravioleta ou un espello deben descubrir máis mensaxes ocultas. Lendo poemas de Rosalía van avanzando nun xogo que, ademais de divertilos, os achega á obra da escritora emblema das letras galegas.
É unha proposta que discurriron os oito alumnos do obradoiro de emprego 'Tecendo coidados', coordinados por Ana Belén Vázquez. Explica que deste xeito, a través do xogo, son os propios rapaces quen se interesa pola autora e preguntan: "Puxemos unhas láminas que intentan reflexar cada unha das temáticas coas que traballou Rosalía na súa poesía, e é moi interesante porque moitas veces non tes nin que captar a súa atención porque xa se interesan".
Destei xeito fálanlles do feminismo, da emigración ou do desamor e amósanlles como a autora trata estes temas na súa poesía. Para boa parte deles é o primeiro contacto que teñen coa escritora. "Moitos por Rosalía coñecen á cantante", di Ana Belén Vázquez, pero a pesar de todo enseguida se identifican coa súa obra.
"Gústanlles moito os que teñen que ver co tema de emigración", apunta, "entenden perfectamente ese sentimento de pena, de despedirse dun lugar, porque tamén algúns deles son fillos de pais migrantes". Tamén se identifican rapidamente co outros temas como a tristeza ou a liberdade.