Sociedad | Actualidad

"Somos los que mediamos entre el que viene y lo que somos"

Os guías de turismo fixeron unha visita guiada en Ourense a favor da Federación de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental.

Día Internacional do Guía de Turismo en Ourense / Lucía Abarrategui

Ourense

Este mércores 21 de febreiro celébrase o Día Mundial do Guía de Turismo e a asociación que aglutina estes profesionais organizou unha visita solidaria pola vella Auria en favor da Federación de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (FEAFES).

Día Internacional do Guía de Turismo

02:00

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

En Hora 14, acompañamos esa visita para coñecer cal é a importancia deste sector perante unhas rúas polas que camiñamos diariamente sen reparar no que agochan. Falamos co delegado da Asociación de Guías de Turismo de Galicia, Pepe Mosquera, que nos fala dos obstáculos cos que se atopan na práctica profesional. Ademais, escoitamos á mestra de turismo do CIFP A Farixa, Rita Masid, que subliña a importancia do guía nos estudos de turismo.

Ademais, a guía Rosa Dorado fálanos dun lugar privilexiado na provincia que, aínda, é un gran descoñecido e subliña que os guías "somos los que mediamos entre el que viene y lo que somos". Todo isto nun contexto no que a conexión ferroviaria con Madrid e a influencia da pandemia á hora de escoller destinos menos masificados fixo incrementar o número de visitantes e demandantes do servizo do guía.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00