A volta "O Gran Camiño 2024" provocará cortes de tráfico na súa chegada a Ribadavia
O pelotón chegará este sábado 23 a zona do Ribeiro
Ribadavia
O Gran Camiño 2024 celebra a chegada a Ribadavia na súa 3ªetapa, onde as estradas e rúas afectadas estarán cortadas ao tráfico en todo o tramo dende, aproximadamente, 40 minutos antes da entrada da carreira no noso Concello, estimada as 16:50h, e estará indicado pola Garda Civil de Tráfico, agás as rúas Progreso dende Carlos Casares, Virxe do Portal, San Lázaro e Avda, de Redondela ata a intersección coa estrada de Francelos (OU-801) onde estará prohibido aparcar dende ás 7:00h ata as 20:00h do sábado.
Tamén estará prohibido aparcar de 7:00h ata as 20:00h as rúas Carlos Casares, José Mª Martínez, Ramón Otero Pedraio ata a súa intersección con Celso Emilio Ferreiro, podendo circular en doble sentido por Carlos Casares soamente de mañá.
En todo caso irase normalizando o tráfico nas estradas conforme pase o pelotón. As estradas e rúas afectadas serán a: OU-402 Ponte Castrelo a San Paio. Stª Cristina, OU-406 San Paio a Ribadavia- Hnos. Álvarez Araujo, estrada Pavillón, O Consello, Estación FFCC. San Francisco e a estrada OU-0305 Arnoia –A Foz con meta na rúa Progreso no Castelo dos Sarmiento.