Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Karlotta deixa refachos de máis de 150 km/h e fortes precipitacións por toda a Costa da Morte

A borrasca de vento e choiva deixou esta madrugada un feixe de incidencias por toda a zona

Costa da Morte

A estación meteorolóxica da Gándara en Vimianzo rexistrou sobre as 10.30 desta mañá un refacho de vento de 150,3 km/h e a de Coto Muíño en Zas levaba recollidos ás 11 da mañá máis de 69 litros/m2.

A forza da borrasca Karlotta está provocando un importante número de incidencias por toda a comarca obrigando a actuar a bombeiros e agrupacións de protección civil.

En Fisterra a forza do vento tirou varios sinais de tráfico e mesmo fixo voar un colchón que un veciño sacou á rúa para que o recollese o servizo de voluminosos do concello, a mañá deixou tamén numerosas arbores caídas en varios municipios, afortunadamente sen consecuencias persoais. En Baio un refacho tirou cun toldo dun establecemento da localidade, en Carballo tamén afectou na fachada dun edificio sendo precisa a actuación dos bombeiros para asegurar a zona, algo similar aconteceu en Cee onde caeron varias pranchas do lateral dun edificio. Tamén están sufrindo a forza do vento os contedores do lixo.

A borrasca, como é habitual, provocou diversos cortes de luz por distintos puntos da comarca.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir