A Ponte prepárase para honrar a Frei Canedo
Mañá celebrarán o xoves de comadres con cea e baile na sede da confradía
Entroido de Frei Canedo da Ponte
Ourense
O entroido comeza mañá xoves na Ponte. O xoves de comadres celébrase con cea e baile na sede da confradía no Parque da Ribeira de Canedo. O día 9 será o desfile escolar ás doce e media da mañá con animación da charanga Noroeste. O sábado 10 será o baile de disfraces coa orquesta Galilea ás once e media da noite.
Directo dende a Asociación Cultural Frei Canedo da Ponte
20:58
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
O día 11 a xornada estará dedicada aos máis pequenos cun obradoiro de elaboración de queixos, xogos e gastronomía. Xa o luns día 12, A Ponte celebra o seu día grande de entroido con distintos actos solemnes na honra de Frei Canedo. Sobre a programación e o seu significado falamos con tres membros da Asociación Cultural Frei Canedo da Ponte: o seu presidente Roberto Pumar xunto con José Manuel Outeiriño e Pilar Palmas.