Ocio y cultura

A dotación do 19º Premio Abrente de Textos Teatrais ascende aos 4.000 euros

O Concello de Ribadavia e a MIT aproban as bases

Imagen de Ribadavia / red

Ribadavia

Coa intención de incentivar e apoiar a creación dramática en lingua galega e por ser o teatro a actividade que maior incidencia e proxección histórica lle outorgou á ribadaviense Agrupación Cultural Abrente (1969-1983), o Concello de Ribadavia a través da Mostra Internacional de Teatro (MIT), que en 2024 fai 40 anos, convoca, en lembranza daqueles “Concursos de Textos Teatrais”, a 19ª edición do Premio Abrente para Textos Teatrais 2024.

Poderán optar ao premio todas as autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten obra dramática inédita e nunca antes premiada ata a data de resolución desta convocatoria, sempre que estea escrita en lingua galega. Establécese un premio único e indivisible, dotado con 4.000 euros e a edición da obra gañadora.

O Concello de Ribadavia reservará por un prazo de doce meses os dereitos de edición e representación da obra e entregará ao gañador/a un total de vinte exemplares. Igualmente, o Concello de Ribadavia poderá promover, a través da Mostra Internacional de Teatro, a produción para a escenificación da obra premiada, sen que isto supoña unha compensación complementaria para o autor/a. O prazo de admisión de orixinais remata o día 15 de xuño de 2024.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00