Hoy por Hoy A CoruñaHoy por Hoy A Coruña
Ocio y cultura

Chichi Campos, de cronista da sociedade galega dos 70 e os 80 a homenaxeado no Día da Ilustración

Lembramos a figura do creador do primeiro cómic en galego co seu fillo Nico Campos

Nico Campos, hijo de Chichi Campos, homenajeado en el día de la ilustración

Nico Campos, hijo de Chichi Campos, homenajeado en el día de la ilustración

11:04

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1706624677993/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

A Coruña

Cada 30 de xaneiro, en coincidencia co día de nacemento de Castelao celébrase en Galicia o Día da Ilustración, adicado neste 2024 a Chichi Campos. Un tinerfeño que veu para A Coruña de novo e que creou para toda Galicia por exemplo, ‘A Cova das choias’, “a primeira revista de cómic en galego que veu por encargo ó grupo de cómic do castro".

A Xunta e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) veñen de deseñar unha programa con máis dunha veintena de actividades. Exposicións, obradoiros, contacontos e a proxeccion do documental 'Chichi e máis eu', de Nico Campos, fillo do artista na Biblioteca Publica Miguel González Garces este martes ás 18H. Con él falamos en Hoy por Hoy A Coruña. Para él, hoxe é "un día emocionante. Levamos un tempo intentando reivindicar a figura do meu señor pai e todo culmina neste día, de celebracións por todo o país que emociona bastante."

Unha figura sen recoñecemento institucional

Chichi Campos nunca tivo un recoñecemento institucional, quizáis porque "nunca se vendeu, intentaba ser políticamente incorrecto e ir contra todos, e eso fai que as instituciones tampouco te adoren demasiado". Este recoñecemento foi "un empeño persoal, da Asociación galega de profesionais de ilustración" que xa levan tempo querendo que se lle dedicase e estes últimos anos co documental coa exposición na Fundación Luis Seoane e co libro de estampas do mundo elegante, pois dixeron, todo isto hai que premialo con este recoñecemento,

¿Quén era Chichi Campos?

Xosé Díaz, fillo de Issac Díaz Pardo dixo del que “é o humorista gráfico máis importante de Galicia despois da guerra Guerra Civil”; Pepe Barro, que era “un inmenso departamento de axitación”. Chichi non fixo amigos entre as autoridades da transición en Galicia, contra as que cargaba, máis sí as fixo con Luís Seoane, Xosé Neira Vilas ou Eduardo Blanco Amor, cos que fixo moita amistade no Castro, onde nos 70 xuntábanse os que viñan do exilio.

A súa creatividade era inmensa, faleceu antes dos 40 pero deixou un legado moi amplio. Conta Nico, que para a Exposición na Fundación Luis Seoane, so colleu cousas que tiña na casa, "e eran máis de 1.000 debuxos, 200 artigos e 90 guións para televisión. Non está tan mal para alguen que tivo tan pouco tempo de vida".

Era "un humorista auténtico", as 24 horas do día non podía parar de crear, dentro do seu estilo e para os 70, 80 era moi moderno, os seus debuxos seguen vixentes hoxe en día, cando se van cumprir agora 33 anos da súa morte. Nos textos tiña unha pluma moi afilada, era un "cronista da sociedade frustrado", e o que quería era contar o día a día desa Galicia, sempre tiña a orella pegada a sociedade... Cando iba a visitar amigos a Vigo, iba sempre no bus pero nas horas na que iba a xente ao mercado, para escoitar as conversas.

As escolas de arte tamen se suman a esta efeméride e na da coruña habe´ra obradoiros sobre libros obxecto , ou contacontos… “levei ó meu fillo a un contacontos do seu avó e foi moi emocionante”

¿Qué destacarías da súa traxectoria?

Comentaban cando colaboraba coas campañas electorais do Partido Comunista aquí en Galicia, que creará moitismos slogans, un que despois citaban Rafael Alberti, Carrillo, etc. 'Ao carallo cos caciques'... facendo amigos dende sempre.

Tamén e importante e destacable para que a xente se decate da entidade da que estamos a falar e da importancia que tiña a súa creación, el debuxaba en todo tipo de formatos, non paraba de debuxar, era unaha cousa tremenda, servilletas, posavasos, palillos... Non podía parar, nos seus últimos días no hospital, como non tiña moitos máis blogs e tiña moito tempo libre, iba debuxando todos os vasiños nos que lle daban as pastillas, e despois os repartía entre a xente da planta.

Cando se escolle material para o documental, ou para as diversas expocións hai para repartir por toda Galicia, a todos os amigos regaláballes libros encuadernados, debuxados con historias, caricaturas, etc. libros de máis de cen paxinas.

Agora o regalo do seu legado é coñecer a súa figura xente que non a coñecía a través das escolas de arte, das bibliotecas

É importante que a xuntude coñeza a estas figuras do underground,

Chichi e máis eu

O documental foi o primeiro que Nico quixo facer, doce anos de traballo de buscar xeito, de financiala, movelo por un lado, movelo por outro... Foi evolucionando moito a historia, pero foi unha cousa feita moi meditada, con pouco presuposto e é un retrato máis persoal, case sen tocar o tema da obra, só a persoa. "Quixemos tratar a persoa porque para tratar a obra xa fixemos libros e hai moitas máis cousas por ahí dispoñibles. O documental son as preguntas que non fixen a xente que non llas fixo durante estes 30 anos que leva morto, é unha historia con luces e sombras".

Tamén hai unha recollida de firmas para que teña un oquiño na Plaza do Humor en Change.org. "Xa que hai autores galegos como Buenafuente, non estaba mal que lle dedicarán algo a un da coruña" ironiza Campos.

Hoxe é un maravilloso día para firmar

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00