Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Verín abre as Xornadas de Novela Negra coa proxección de `El lobo´

Pedro Feijoo y María Solar pasarán por esta sexta edición, que terminará o sábado pola tarde

Entre as autoras que pasarán polas Xornadas de Novela Negra, María Solar coa conferencia "Maneiras de ser culpable" / Silvia Cárceles

Entre as autoras que pasarán polas Xornadas de Novela Negra, María Solar coa conferencia "Maneiras de ser culpable"

Verín

As Xornadas de Novela Negra abrirán o sábado coa proxección de `El lobo´. Precisamente, o venres ás oito menos cuarto Mikel Lejarza, quen foi membro dos SECD/CNI, e o xornalista Fernando Rueda darán unha conferencia titulada `La Casa y los secretos de confesión´. O acto estará presentado pola voluntaria da Biblioteca de Verín Noelia Gallego e polo xuíz Vázquez Taín.

Será unha das tres citas que se establecerá o venres coa novela negra en Verín, pois ás doce da mañá está programado un encontro con Pedro Feijoo dirixido aos centros de ensino e xa pola tarde será a inauguración oficial coa presentación das voluntarias de Verín N-N Lara Páez, Diny Blanco e Sara Blanco á que seguirá a conferencia de Feijoo "Ninguén contará a verdade: Un caso de corrupción". Tamén estará presenta a concelleira de Cultura Samanta Barreira, quen afirmou en Radio Limia que as xornadas "teñen unha acollida espectacular e para nós é un orgullo". Barreira afirma que veñen visitantes doutros puntos de Galicia, alén da provincia, e tamén de países como Portugal.

O sábado a programación terá un perfil máis policial e forense, coa presenza do responsable da Unidade de Antropoloxía Forense do IMELGA, Fernando Serrulla, e o inspector xefe da Policía Nacional, Iñaki San Juán. As xornadas pecharán ás sete e media da tarde con María Solar.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir