Prisión provisional para catros dos detidos polo alixo de cocaína do Novo Furuno
A xuíza deixa en liberdade a outros dous detidos ao non atopar probas contundentes contra eles
Corcubión
Seis das sete persoas detidas este martes en Boiro, Portugalete e Madrid pasaron sobre as 10 desta mañá a disposición xudicial no xulgado de Corcubión. Finalemete atitular do xulgado de Instrucción número 2 de Corcubión decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para catro deles ao detectarse risco de fuga, os outros dous foron postos en liberdade ao non atoparse probas contundentes contra eles. todos están sendo investigados por un delito contra a saúde pública.
Dende o TSXG especifican, tamén, que nos rexistros feitos este pasado martes decomisáronse 20.000€ en efectivos, pero non sustancias estupefacientes.
Estas detencións súmanse á dun home detido días despois d e que se interceptqara o barco e a do propietario do Novo Furuno que foi detido o pasado 30 de novembro.
O Novo Furuno con base en Camelle foi interceptado o pasado oito de agosto preto do porto de Santa Mariña, en Camariñas, con 1.400 quilos de cocaína, un pesqueiro duns 12,6 metros de eslora rexistrado en 1997. Unha operación no que participaron Vixilancia Aduanera, GRECO e Udyco da Policía Nacional.
A operación continúa aberta e baixo segredo de sumario.