Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Veciños da zona percorren ata 50km para atopar unha farmacia de garda

Dende o colexio de farmacéuticos da Coruña recoñecen que hai puntos que están ao límite e ocasionan un trastorno ao usuario

Rótulo de farmacia

Rótulo de farmacia

Costa da Morte

As farmacias de garda en concellos como os da Costa da Morte, excepto Carballo, deben estar a uns quince minutos ou a quince quilómetros de distancia dos PAC. Unha distancia que pode parecer razoable, pero que na práctica pode levarnos a percorrer distancias que poden superar os 50km para obter a nosa medicación.

Cada vez son máis as voces que denuncian esta situación, veciños de Fisterra ou Laxe, entre outros, describen a odisea que supón ás veces ir á farmacia logo de acudir a urxencias.

En radio Nordés falamos con Sara Catrain, presidenta do colexio de farmacéuticos da Coruña e puxémoslle un par de exemplos da situación na que se atopan veciños de diferentes localidades da zona.

O primeiro posible caso, un veciño de Fisterra acude a PAC de Cee, logo de ser atendido debe mercar a medicación correspondente, pero a única farmacia aberta esa noite é a do Pindo no concello de Carnota. Outro, unha veciña de Laxe acude con dor ao PAC de Ponteceso, o médico recéitalle os medicamentos oportunos, pero se a farmacia de garda está en Nantón, Cabana.

No primeiro exemplo a distancia percorrida entre ida e volta superaría os 50 km, e no segundo os corenta. Nunha situación similar están os veciños doutras localidades da comarca como Muxía ou Corme. Son distancias inasumibles para a poboación en xeral, pero aínda máis se o doente depende dun taxi, algo bastante habitual nunha zona coa poboación moi envellecida e que en moitos casos viven sós.

A presidenta do colexio de farmacéuticos da Coruña recoñece que hai puntos que “están ao límite e ocasionan un trastorno ao usuario”, pero asegura que “coas infraestruturas actuais é bastante fácil acceder a unha farmacia de garda” e afirma que en Galicia temos máis farmacias de garda que no resto do estado.

Catrain defende a distribución das gardas e asegura que é inviable establecer outro sistema que reduza a distancia entre farmacia e PAC porque suporía unha carga excesiva de traballo para eses negocios obrigándolles a contratar moito máis persoal.

Outro dos problemas que atopamos actualmente nas farmacias é o desabastecemeto dalgúns medicamentos, algúns tan habituais como o paracetamol. Segundo conta Catrain, a situación internacional actual segue provocando escaseza dalgúns materiais que repercute nas chegada de medicamentos ás farmacias. Aínda que este non é un problema exclusivo da Costa da Morte, si pode complicar máis a situación dos veciños destas poboacións, que ademais de verse obrigados a percorrer distancias moito máis longas para atopar unha farmacia aberta, corren o risco de facer a viaxe en balde se no establecemento de garda non hai o medicamento que precisan.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir