Sociedad

Os cidadáns que o desexen poden participar na selección do cartel da 61ª Feira do Viño

Dos máis votados sairá o gañador elexido por un xurado profesional

Imaxe da pasada Feira do Viño do Ribeiro / red

Imaxe da pasada Feira do Viño do Ribeiro

Ribadavia

Ata o domingo 28 de xaneiro, toda persoa que o desexe poderá participar na selección do cartel que representará a 61ª edición da Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará do 3 ao 5 de maio de 2024. Os interesados deberán persoarse no local social da Madalena ata o 28 de xaneiro en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas para ver a exposición pública dos 74 carteis que se presentaron ao concurso. Alí mesmo, se lles fará entrega dun formulario para votar polas cinco obras que máis lle gusten.

Desta preselección sairán elixidos un total de 20 cartaces, os máis votados polo público final. A selección do gañador do concurso, que será premiada con 1.000€, farase na primeira semana de febreiro cun xurado experto, formado por profesionais do deseño e artes, momento no que se fará pública a imaxe e o seu creador.

Recordemos que a organización da Feira do Viño do Ribeiro, formada polo C.R.D.O. Ribeiro e o Concello de Ribadavia, convocou a finais de 2023 un concurso de carteis, dirixido a deseñadores e artistas profesionais, para seleccionar o que vai representar a 61ª Feira do Viño do Ribeiro.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00