Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Mazaricos recorda este sábado a Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal

Esta xornada reivindica a memoria de Xosé Esperante, 'Che de Pedro', veciño de Mazaricos morto en 1963 a mans das forzas de seguridade franquistas

Mazaricos

Mazaricos acolle este sábado, 20 de xaneiro, a terceira edición do Día da Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal. Por terceiro ano consecutivo, a xornada recollerá a memoria desta forma de propiedade tradicional galega e de todas as persoas que loitaron por mantela fronte ás tentativas de usurpación dos montes. En particular, lémbrase a figura do veciño Xosé Esperante, 'Che de Pedro', morto violentamente a mans das forzas de seguridade franquistas nun enfrontamento que causou tamén varios feridos e que motivaría penas de prisión para varios veciños de Mazaricos.

A xornada comezara ás 11h no local social de Eirón, con apertura a cargo da entidade organizadora, o Instituto Galego das Terras Comunitarias (INGATECO). Dará a benvida o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco. Posteriormente, impartirá a súa charla “O futuro dos Montes Veciñais en Man Común na Galiza rural do século XXI” o profesor do departamento de Economía Aplicada da USC e antigo director xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, Edelmiro López Iglesias.

Ás 12h celebrarase unha homenaxe á Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), que vén de acadar o cuarto de século de existencia. Falará o seu presidente, Xosé Alfredo Pereira.

Ás 13h terá lugar a homenaxe e ofrenda floral no monumento situado no monte en Eirón en recordo de Che de Pedro e os veciños represaliados. Intervirán INGATECO, o Concello de Mazaricos, a ORGACCMM e a familia de Xosé Esperante. Colocarase unha ofrenda floral no monólito e entoarase o himno de Galicia.

A organización do evento, o INGATECO, coa colaboración da ORGACCMM e do Concello do Concello de Mazaricos, volve convidar a toda a cidadanía a participar deste homenaxe, que pretende servir de restitución da memoria e reivindicación da dignidade de todas as persoas que loitaron contra a usurpación das terras comunais e pola riqueza e o futuro do mundo rural.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir