Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O 2023 remata con 5.326 desempregados na Costa da Morte, 834 menos que hai un ano

O paro sobe en decembro en Bergantiños e descende en Soneira e Fisterra

Costa da Morte

O 2023 rematou con 73 persoas máis nas listas do paro na Comarca de Bergantiños. Carballo con 34 e Coristanco con 17 lideran a subida, seguidos da Laracha con 15, Malpica con 10 e Cabana con 4 parados máis ca en novembro. Nesta comarca só Laxe e Ponteceso lograron reducir o número de desempregados no último mes do ano con 6 e 1 parados menos respectivamente.

Na comarca de Fisterra pechouse o ano con 6 parados menos en total. Por concellos, Dumbría lidera o descenso con 6 desempregados menos e Muxía con 5, no resto de poboacións incrementouse lixeiramente o número de parados. Cee suma 1 e tanto en Corcubión como en Fisterra 2.

Os mellores datos rexistrounos nesta ocasión a comarca de Soneira cun descenso do paro de 25 persoas. Vimianzo lidera este descenso con 21 persoas menos nas listas de desemprego, baixa tamén o paro en Camariñas, resxistrando un descenso de 5 persoas e suma un parado máis o concello de Zas.

No concello de Mazaricos o paro sobe en 2 persoas, mentres que en Carnota descende en 6.

No conxunto da Costa da Morte rexístrase un incremento de 38 parados no mes de decembro, quedando a cifra total en 5.326 desempregados.

O dato interanual é positivo, o 2023 péchase cun descenso na lista do paro de 834 persoas respecto a decembro do 2022.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir