Xabier García: "Ribadavia é un dos lugares máis bonitos da provincia"
Este matemático ribadaviense estivo en máis de 40 países e leva o nome da capital do Ribeiro polo mundo
Entrevista a Xabier García, investigador ribadaviense
13:10
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Ribadavia
Xabier García Martínez é matemático, docente e investigador da Universidade de Vigo. Este ribadaviense, recoñecido con galardóns como o Premio de Investigación Matemática Vicent Caselles, visitou máis de 40 países. Nesa gran cultura viaxeira, García Martínez non deixa de recomendar a visita á capital do Ribeiro, da que di que é "fermosa, tranquila e cun viño excelente. Paga a pena visitalo. Ten unha xente moi interesante".
Nesta entrevista falamos de viaxar, mais tamén do labor de Xabier como matemático ou, máis concretamente, alxebrista. Unha función que conecta coa sociedade porque "realizamos teoría para que nun futuro teña aplicación real". Tira de exemplo e lembra o que aconteceu coas conexións telefónicas, por exemplo.
Ademais, no decorrer da entrevista, dúas persoas do campo matemático formulan preguntas a Xabier.