Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad
Calendarios 2024

Os veciños e veciñas do Rosal poñen imaxe ao calendario do 2024 retratando o patrimonio dos camiños do municipio

O concello do Rosal lanza o seu calendario para 2024 coa achega das veciñas e veciños, que se distribuirá o 5 de xaneiro

Calendarios O Rosal 2024

Calendarios O Rosal 2024

A piques de estrear un novo ano, o Concello do Rosal volta anunciar o lanzamento do seu tradicional calendario para o vindeiro 2024. Esta iniciativa, que se consolida xa na súa cuarta edición, foi posible grazas ao compromiso e adicación de toda a veciñanza, a cal aportou unha visión única a través das súas cámaras.

Inspirado nos camiños do Rosal, este calendario é máis que unha representación do tempo, é un legado visual que conecta historias que nacen entre os recovecos dos camiños da localidade e de quen os percorre no día a día. Ao longo de cada mes, invítase a un percorrido visual que transcorre dende imaxes da costa ata outras das rúas máis céntricas, sendas naturais e de camiños bañados polas augas dos diferentes regatos.

A Alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, expresou o seu agradecemento a todos os veciños e veciñas que contribuiron coas súas fotografias, subliñando a importancia de preservar e compartir as experiencias que dan forma á identidade do Rosal “este calendario é unha mostra visual que reflexa a nosa riqueza cultural, paisaxística e natural, toda ela capturada por aqueles que mellor a coñecen: os propios veciños. Só temos palabras de agrademento para todos eles”, destacou.

A distribución dos calendarios terá lugar durante a visita dos Reis Magos aos diferentes barrios do Concello, ao longo da mañán do día 5 de xaneiro. Ademais, o Concello solicitoulle as súas Maxestades que deixen exemplares nos bares da Praza do Calvario, asegurando que aquelas persoas que non teñan a oportunidade de conseguilos, poidan recollelos despois de xeito totalmente gratuíto.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00