Sae a licitación a mellora da Ponte Esperela en Leiro
As empresas poden presentar as súas ofertas até o 22 de xaneiro. O orzamento para as actuacións é de 370.000 euros

Visita institucional á Ponte Esperela, en Leiro

Leiro
O Diario Oficial de Galicia recolle a licitación para o proceso de mellora e iluminación na Ponte Esperela no Concello de Leiro cun orzamento de 370.000 euros. As ofertas poden presentarse até o 22 de xaneiro.
A Ponte gozará de nova iluminación e renovarase o pavimento da calzada (0U-209). As obras pasarán, entre outras intervencións, pola desmontaxe e reparación dos peitorís que o precisen, previa a súa recolocación cunha ancoraxe mecánica á peza da cornixa, perfilado e nivelación.
O delegado territorial lembrou que en outubro asinouse un acordo co Concello de Leiro, polo que este se comprometeu a poñer á disposición os terreos para a execución da actuación e a asumir a conservación e mantemento das instalacións de iluminación unha vez rematadas as obras.