La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad
Archivo fotográfico

O Arquivo Audiovisual do Concello de Redondela amplíase con imaxes dos anos 60 doadas por Josefa Puga

A alcaldesa de Redondela agradeceu o xesto e anima á veciñanza a seguir o exemplo e facilitar imaxes que poidan ter nas súas casas

Josefa Puga Fernández entrega fotografías antiguas al Arquivo Audiovisual del Concello de Redondela

Josefa Puga Fernández, veciña de Redondela, cedeu temporalmente ao Arquivo Audiovisual do Concello de Redondela o seu álbum de fotografías familiar para que fora dixitalizado e arquivado nas dependencias municipais. Unha vez escaneadas, as fotografías foron devoltas á propietaria quedando o Concello cunha copia das imaxes dixitais.

Trátase de 65 fotografías que recollen momentos de Festas do Maios dos anos ‘60, comidas no prado da festa de Reboreda, da nevada do 1963, de grupos de amigas e equipos de hockey sobre patíns entre outras imaxes.

Ana Gesteira, responsable do Arquivo Audiovisual, sinala que con esta nova incorporación o fondo conta a día de hoxe cun total de 4.750 imaxes. Esta nova achega é o fondo no55, no que haberá unha ficha por fotografía describindo, grazas á información da propietaria, “as persoas que aparecen ou o que estaba acontecendo”, explica Gesteira.

Nos vindeiros días todas as fotografías faranse públicas e difundiranse tanto nas redes sociais coma en papel no propio Arquivo municipal.

Consulta cidadá do Arquivo Audiovisual

Para consultalas na web poderase facer a través do blog do Arquivo Audiovisual e no Instagram e o Facebook do Arquivo. O Concello de Redondela estima que manter a consulta en papel deste tipo de documentación é tamén interesante para as persoas non tan afíns ao mundo tecnolóxico. Por iso habilitouse un espazo no Arquivo municipal onde calquera que o desexe pode consultar o fondo de fotografías municipais. Nese momento “será traballo de toda a veciñanza poder axudar a recoñecer persoas, momentos ou lugares que aparecen nas imaxes, recompoñendo así entre todos a Historia da nosa vila” conclúe Gesteira.

Dende a Concellería de Cultura e o Concello de Redondela agradecéronlle a Josef Puga esta colaboración, e animan á veciñanza a sumar ao Arquivo as imaxes que poidan ter na casa. "Deste xeito, entre todos e todas, gardaremos a nosa memoria visual”, salienta a alcaldesa, Digna Rivas. “Notamos nos nosos fondos unha carencia de fotografías das parroquias, e por iso queremos pedir ás persoas que podan ter nas súas casas fotografías das parroquias de Redondela que se poñan en contacto co Arquivo municipal", engade Rivas.

As fotografías seguirán estando nas casas dos seus propietarios e propietarias, pero haberá unha copia custodiada no Concello que coidará da súa conservación e transmisión ás xeracións vindeiras.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00