Sociedad

Os momentos nos que os lucenses protagonizaron a historia do Himno de Galicia

Esta tarde convócase un evento na cidade para conmemorar a súa primeira interpretación solemne no 1907

Os momentos nos que os lucenses protagonizaron a historia do Himno de Galicia

Os momentos nos que os lucenses protagonizaron a historia do Himno de Galicia

07:43

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1703069665997/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Lugo

O 20 de decembro de 1907, hai 116 anos, interpretouse por primeira vez de forma solemne no Gran Teatro da Habana o Himno Galego. Vía Galega e Galiza Cultura organizan un acto esta tarde ás oito, en Quiroga Ballesteros de Lugo, para conmemoralo. Dous coros que suman en torno a 90 voces interpretarán a letra orixinal restaurada do poema de Pondal.

"O himno vén a ser, nin máis nin menos, unha composición musical na que as persoas que forman parte de Galicia se sinten representadas como parte dun pobo", sinala Cosme Pombo, coordinador de Vía Galega. Para el fala "da nosa historia, de 'despertar do noso sono', como di o poema, e sobre todo de facer memoria do que somos e do que queremos ser".

Ao longo da historia do himno galego houbo varios momentos relevantes nos que desenvolveron un papel fundamental cidadáns da provincia de Lugo. O primeiro deles foi o mindoniense Pascual Veiga, músico e compositor que non só impulsou a súa creación senón que tamén compuxo a melodía para acompañar os versos de Pondal.

Anos máis tarde, no 1918, realizouse a primeira gravación do himno. A cargo da interpretación estivo o histórico Coro Cántigas e Aturuxos, de Lugo. Precisamente no acto desta tarde é o Coro de Cántigas e Frores, que celebra o seu 75 aniversario e é herdeiro de Cántigas e Aturuxos, interpretará o himno. Faino ademais uníndose coa Coral da Asociación do alumnado do IV Ciclo da USC.

Letra restaurada

Os catro primeiros versos do poema 'Os Pinos', escrito por Eduardo Pondal, son a letra do Himno Galego. Nos seus máis de cen anos de historia sufriron algunhas modificacións que remataron por asentarse, pero que supoñen erros con respecto ao escrito orixinal. Por iso, explica Cosme Pombo, se vai recuperar a versión restaurada.

A primeira deturpación que sufriu, apunta Cosme Pombo, "é que o poema de Pondal é unha pregunta que el fai ós pinos, referíndose a que lle pregunta aos nosos antepasados pola nosa historia". Este martiz foise perdendo nas moitas transcripcións que se realizaron ó longo do tempo.

Hay outros catro erros que se corresponden con palabras que acabaron por escribirse mal: "Cando debera dicir 'rouco', no himno actual di 'ronco', e cando debera dicir 'ignorantes', pon 'iñorantes', que é un hiperenxebrismo". Outro atopámolo na palabra 'féridos', "unha forma que non é galega, é evidente que o poeta se refire a 'férridos', que quere dicir enferruxados". E por último, sinala, "o 'chan' eu entendo que non pode ser valeroso, o que é valeroso é o 'clan', o pobo".

Ademais recorda que o himno estaba pensado para ser interpretado a modo de marcha, e non "desa maneira máis melódica na que se interpreta agora".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00