Sociedad | Actualidad

Lara Fernández-Noriega volve do Sáhara: "Atopei un pobo loitador e cunha dignidade superlativa"

A concelleira de Benestar Social de Viveiro viaxou para manter reunións con colectivos e autoridades

Lara Fernández-Noriega, de volta do Sáhara: "Atopei un pobo loitador e cunha dignidade superlativa"

Lara Fernández-Noriega, de volta do Sáhara: "Atopei un pobo loitador e cunha dignidade superlativa"

07:23

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1702992761752/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Lugo

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha entidade sen ánimo de lucro, integrada por administracións locais de toda a comunidade autónoma, que dinamiza a cooperación con países en vías de desnvolvemento. Con esta finalidade convocou a unha serie de representantes locais a unirse a unha viaxe ao Sáhara. Dende o Concello de Viveiro uniuse á expedición a responsable da área de Benestar Social, Lara Fernández-Noriega.

Visitou os campamentos saharahuis en T'ndouf, Alxeria, e xa de volta na Mariña, a concelleira asegura que trae "moito traballo para facer, sobre todo para visibilizar a loita saharauiu, unha loita que é de xustiza". Durante a viaxe mantivo reunións con colectivos e autoridades saharauis para determinar cales son as vías de colaboración máis adecuadas para avanzar en liberdades e dereitos fundamentais.

O obxectivo agora é que eses encontros den lugar á organización de eventos solidarios "para promover a súa cultura". Avanza que se vai organizar en Viveiro un festival de cine saharahui "coa intención de recadar fondos para a escola audiovisual da wilaya de Bojador", explica.

Sinala que a mocidade valora moito a importancia de estudar e formarse, aínda que os recursos que teñen son moi limitados, e "a pesar das condicións hostís nas que viven". Recorda ademais que existen plans solidarios a través dos que calquera familia pode acoller a un mozo ou unha moza saharahui mentres estuda en Galicia.

Sociedade matriarcal

Na súa visita a concelleira viveirense asegura que atopou un pobo "loitador, valente, cunha determinación asombrosa, organizado, moi hospitalario e, sobre todo, cunha dignidade superlativa”. Ademais volveu impresionada polo papel fundamental que teñen as mulleres nos campamentos en Tindouf: "É unha sociedade absolutamente matriarcal, unha matria con todas as letras”.

“Agardo voltar axiña", manifesta, "porque un cachiño do meu corazón xa ficou no Sahara”. "Visibilizar e non silenciar esta loita é como mínimo o que podemos e debemos facer", conclúe Lara Fernández-Noriega.

Antía Montes

Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00