Tanxugueiras, antes do Derradeiro Diluvio: "Aínda non asimilamos todo o que logramos nos últimos dous anos"
As Tanxugueiras cerrarán a súa xira mañá nun Coliseum de A Coruña totalmente cheo
Sabela Maneiro, cantante de Tanxugueiras
11:28
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1702627986481/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
A Coruña
A escasas horas para o concerto no coliseum de peche de xira de Tanxugueiras 'O derradeiro diluvio', falamos con Sabela Maneiro, integrante do grupo sobre o concerto, a explosión de Tanxugueiras e o futuro do grupo.
Un concerto único cunha gran cantidade de artistas invitados
Tanxugueiras subiránse ao escenario por última vez na xira que catapultou ao grupo. Dous anos que pecharán cunha gran festa acompañadas de artistas como Rayden, Rozalén, Muerdo, Guadi Galego, Valeria Castro o Mondra. Sabela confesa que teñen "moitísimas ganas, vai ser apoteósico, un festón, vai ser especial, porque estamos no coliseum cheo, con toda a nosa xente, vamos a tocar moitos paus, moitas sorpresas, moitas colaboracxións e vai valer a pena".
Para o concerto non quedan entradas dende hai unhas semanas, algo que non está ao alcance de todos os artistas que pasan polo coliseum, algo que "enche de orgullo" ás Tanxugueiras.
"Cantamos en galego, facemos música tradicional mesturándoa con moitos estilos, e para nós o coliseum sempre foi un sitio donde tiñamos o soño de tocar, e encher o coliseum para facer un espectáculo ao nivel de calquer tipo de espectáculo dos que se fixeron no coliseum" confesa Sabela.
Un sono de moito tempo
Tanxugueiras comezou hai xa moito tempo "ensaiando nunha furgoneta, porque non tiñamos local, e na casa non podíamos ensaiar porque meu pai levantábase as 5 da mañá". Tiñan un sono dende que comezaron co grupo, e como di Sabela "el que la sigue, la consigue".
Recoñece, que "non tivemos moito tempo para reflexionar, estamos empezando a reflexionar o do ano pasado e de este ano, porque hai concertos que na miña cabeza custame asimilar que estivésemos ahí. Foi todo tan rapido, tan bonito... aprender tanto e tan rápido é como unha onda que che ven e ti súbeste a ela sen saber que vai a pasar". Tanxugueiras ven dende "absolumante abaixo de todo" por iso, dánlle valor as cousas que están a conseguir.
Cando comezaban tres rapazas, ensaiando nunha furgoneta, cantando música tradicional en galego, pero xuntándoa con outros estilos, nin se escoitaban, facían "moito barullo", pero non sabían nin cantar ao micro nos seus primeiros concertos, porque "somos pandereteiras, era totalmente oposto ao que víñamos facendo, pero conseguimos o progreso. Éramos bastante inconscientes e dábamoslle para adiante."
O concerto no Noroeste na plaia de Riazor
No verán de 2022, Tanxugueiras xuntou na praia de Riazor a máis de 80.000 persoas, un día "brutal, non nos daba a vista para ver toda a xente que había, e toda esa xente ven a verte a ti, é apoteosico, todo o mundo falaba dese concerto, xente cantando as túas cancións, coreando polo teu nome, eu creo que co tempo empezaremos a ser máis conscientes do que se vivíu nesa época". Un concerto que foi espectacular pola presenza no escenario das Tanxugueiras, todas as persoas que se xuntaron a praia, a area, o mar, a noito, estaban todos os elementos que tiñan que estar e incluso a néboa.
Hai Tanxugueiras para moito tempo
Pasado o Derradeiro Diluvio, "as Tanxugueiras van a seguir, cerramos unha etapa de dous aniños, seguiremos sacando música, e comezaremos a crear un espectéculo novo e coa mente en traballar para un disco, con moita calma, estudiando moitas cousas novas que queremos introducir e que estamos coñecendo pero hai Tanxugueiras para rato mentres a nosa xente nos queira, e mentres segamos desfrutando no escenario. Vamos a facer unha paradiña en Nadal para retomar, osixenarse e volver con forza. Hai que desfrutar dos logros"
Finaliza a entrevista confesando que "estamos as tres soñando co coliseum, eu soñei que viña Rozalén e poñíase a faler un ghalegho con gheada, así que mira como andan as cabeciñas".
Mañá a noite o Derradeiro diluvio, no Coliseum de A Coruña, coas tanxugueiras.
"Vai ser un festón".