Actualidad

No estudio de Verter GZ: "Hai xente que nos di que non lles gusta a música de coña, pero facer humor é unha cousa moi seria"

Estrean o videoclip do seu último tema, 'Marcotrafikante', no que colabora tamén outro músico, C. Mirazo

Visita ao estudio de Verter GZ para falar sobre o seu ultimo tema, 'Marcotrakicante'

Visita ao estudio de Verter GZ para falar sobre o seu ultimo tema, 'Marcotrakicante'

16:20

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Lugo

Miguel e Kete son xa dous coñecidos de Radio Lugo. Dende que lanzaron a súa carreira musical foron entrevistados un par de veces, pero nesta ocasión decidimos levar o micrófono amarelo da SER ó seu estudio. Está en Monterroso, na casa da familia de Kete. Alí recíbennos os dous, rodeados de peluches, mantas con todo tipo de estampados e unha cortina de ducha con osiños rosas colagadas nas paredes: "É importante para cubrir resonancias", explican.

O caso é que, máis alá da función práctica, a manta de sofá con estampado de leopardo posta de cortina e o peluche xigante dun flamengo rosa que conseguiu Miguel nunha tómbola do San Froilán crean unha decoración, canto menos, rechamante. Pero tamén é divertida, desenfadada e sen complexos, así que resulta un bo reflexo da música que fan.

Unha salsa de queixos, unha balada sobre ter catarro ou unha base a ritmo de tum-ba-tum-bá para cantar sobre a figura de funeral planner son algúns dos temas que compoñen e cantan en Verter GZ. "Estamos un pouco en contra da intensidade", bromea Kete.

De feito, a crítica máis habitual que reciben é que a xente lles di que non lles gusta a "música de coña", pero "xa hai moita xente facendo cousas serias", deféndese Miguel. "Ademais", engade, "o humor é unha cousa moi seria". É unha cita que lle gusta moito, aínda que confesa que non sabe de quen é e promete buscala.

Este tipo de conceptos tan orixinais, que á xente do común non se lles pasan pola cabeza, ocórrenselles de repente ou fan unha chuvia de ideas para sobre que cousas ás que ninguén lles cantou lles gustaría compoñer un tema. O seguinte que teñen en mente é falar sobre o 'Air Hockey' das festas de aldea. ¿Que se pode cantar sobre iso?: "Bua, un montón de cousas".

Contestan á vez e inmediatamente empezan a enumerar un montón de ideas sobre chistes, sons cos que compoñer a base e historias que contar. "Todos xogamos a eso nas festas, e teslle cariño, solo o nome xa dá para un montón de chistes", di Kete, "e os son tan carácterístico míticos das chapas para a base", compleméntao Miguel.

'Marcotrafikante'

A excusa para a entrevista é, en realidade, o novo tema que acaban de sacar. O nome, 'Marcotrafikante', xa dá unha pista sobre o tema da canción, pero Miguel explica que "conta unha historia chulísima sobre unha señora á que lle moven o marco, e ten unha intrahistoria que non quero desvelar, pero que se ve no videoclip".

Na composición deste tema e máis no videoclip, colaboraron co C. Mirazo "que é un artistaza e un tío estupendo". Segundo explican aportou a historia ó concepto que lle propuxeron eles, o produciron xuntos o videoclip.

A rodaxe "foi divertidísima", confesan. Kete asegura que recorda á directora "caer de cú da risa" coa interpretación das dúas señoras que protagonizan a historia. Contaron cun grupo de actrices e actores "marabillosas", que adoitan colaborar co Son d'Aldea en Palas de Rei.

"Eu que traballo no audiovisual", di Miguel, "nunca vin a un actor ou actriz meterse tanto nun papel como facía esta xente, é que non sabíamos como parala! De verdade que se botaban a un". "Menos mal que a escopeta non estaba cargada", bromea Kete.

Antía Montes

Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00