O Concello de Ribadavia ofrece conciliación as familias neste Nadal
As actividades diríxense a nenos e nenas de 3 a 14 anos
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/EAI5YPUGBZFAZPFAKATGQA7KOU.jpg?auth=f3aee2bc162afc3ce8d9b26bb79f731aa7cfbe104a42e8900a3567d8ba53361b&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Vista de Ribadavia / GoogleMaps
![Vista de Ribadavia](https://cadenaser.com/resizer/v2/EAI5YPUGBZFAZPFAKATGQA7KOU.jpg?auth=f3aee2bc162afc3ce8d9b26bb79f731aa7cfbe104a42e8900a3567d8ba53361b)
Ribadavia
O Concello de Ribadavia organiza a iniciativa “Ribanadal”, deseñada para facilitar a conciliación familiar e laboral nas datas de Nadal a través dun amplo programa de actividades, que se desenvolverán entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro de 2024 e estarán destinados a nenos e nenas de entre 3 e 14 anos.
O prazo de solicitude para a inscripción en “Ribanadal” -que se celebrará no colexio da Alameda- comeza mañá martes, 5 de decembro, e estará aberto ata o 14 de decembro.
Este programa ten como obxectivo, segundo explica o alcalde de Ribadavia, César Fernández, o “desfrute no tempo de Nadal dos nenos e nenas da nosa vila, a través dunha iniciativa deseñada dende o punto de vista pedagóxico, buscando á vez unha experiencia que axude a potenciar o desenvolvemento persoal e autonomía dos rapaces”.
O programa de conciliación “Ribanadal” abrangue nove días entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro. Concretamente, haberá actividades no colexio da Alameda o 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro, ademais do 2,3,4 e 5 de xaneiro. Os nove días o horario será de mañá, de 9 a 2.
O prezo por neno será de 25 euros -todo o período- ou de 15 euros por semana, para empadroados en Ribadavia. O Concello establece descontos para familias numerosas, monoparentais e a partir do segundo irmán. A iniciativa conta con 70 prazas.
A iniciativa conta con 70 prazas. Para información e solicitudes poden dirixirse ao correo electrónico serviciossociais@ribadavia.es, na sede electrónica do Concello de Ribadavia e no departamento de Servizos Sociais.