Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O concello da Guarda lanza unha nova ferramenta dixital para dar a coñecer os recursos e rutas turísticos

A través de fondos europeos, a concellería de Turismo desenvolveu 18 mapas turísticos interactivos

A Concellería de Turismo, grazas a unha subvención de fondos europeos para a creación de contidos dixitais, desenvolveu uns novos mapas turísticos interactivos para ampliar a oferta de información turística para os seus visitantes. Así o vén de comunicar o concello da Guarda a través dun comunicado.

Estes mapas turísticos dixitais están integrados na actual web municipal de turismo, www.turismoaguarda.es.

Esta ferramenta está integrada por 18 mapas interactivos ordenados por temáticas e distribuídos en 4 seccións: Coñece A Guarda; A Guarda é patrimonio; A Guarda é natureza; A Guarda: do Miño ao Atlántico. A finalidade é dar protagonismo e presentar dun xeito sinxelo e atractivo en base aos posibles intereses dos visitantes.

Estes mapas contan con máis de 80 recursos con foto, vídeo, introdución e unha descrición.

Estes recursos están xeolocalizados e visualízanse no mapa baseado en tecnoloxía Google Maps cunha iconografía adecuada. Os idiomas dispoñibles son galego, español e inglés.

Ademais conta con dúas funcionalidades: cómo chegar e compartir o recurso mediante WhatsApp, Facebook, Twitter e Instagram. Polo que é unha excelente ferramenta de promoción e difusión dos contidos turísticos da Guarda.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir