Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Prisión para o dono do barco de Camelle atopado con 1.400 quilos de cocaína este verán

O patrón do Novo Furuno, fugado dende agosto, foi detido en Boiro

Camariñas

O xulgado de instrución número 2 de Corcubión decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para o patrón do Novo Furuno, pesqueiro no que foi intervido o pasado mes de agosto un cargamento de 1.400 quilos de cocaína cando se atopaba amarrado no porto de Camelle.

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o detido acolleuse ao seu dereito a non declarar. Está detido por un delito contra a saúde pública. A decisión do seu ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza adóptase tendo en conta a gravidade do delito e o risco de fuga.

O arresto produciuse o pasado xoves en Boiro por axentes do Greco da Policía Nacional en colaboración con Vixilancia Aduaneira. Esta detención chega meses despois de que en agosto deste ano interviñésese o buque, supostamente implicado nunha operación de transvasamento de cocaína realizado en alta mar.

O rexistro do barco en porto permitiu o comiso de 1.400 quilos de cocaína repartidos en 45 fardos. Alí foi detida unha persona vinculada á embarcación que ingresou en prisión por orde do xulgado de Corcubión.

O propietario do 'Novo Furuno' permaneceu buscado até esta semana, cando foi localizado e arrestado no municipio coruñés de Boiro.

O 'Novo Furuno' é un pesqueiro de casco de madeira de 12,6 metros de eslora que ten a súa base en Camelle, en Camariñas, e que foi dado de alta no rexistro do Ministerio de Pesca en xuño de 1997.

Os axentes interceptaron o barco na contorna do porto de Santa Mariña sobre as 20,00 do mércores 8 de agosto. O dispositivo para interceptar o buque, o 'Novo Furuno', contou coa participación do Grupo de Resposta Especial para o Crime Organizado (Greco), da Unidade de Droga e Crime Organizado (Udyco) da Policía Nacional, así como de Vixilancia Aduaneira.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir