Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Atopan o cranio do veciño de Mazaricos desaparecido hai case un ano

Os resultados das probas de ADN confirmaron que se trata de Antonio Tuñas

GUARDIA CIVIL

Mazaricos

En decembro de 2022 Antonio Tuñas, de 72 anos, desapareceu do seu domicilio en Mazaricos, inmediatamente iniciouse un operativo de busca formado por membros da Garda Civil, Protección Civil e un numeroso número de veciños. Non tardou en atoparse en Carballo o coche do desaparecido, pero nada se soubo do Antonio.

A busca continuou e ben de coñecerse que o pasado mes a Garda Civil atopou unha cabeza nunha zona limítrofe entre os municipios de Mazaricos e Carnota. Agora, logo de realizar as probas pertinentes, o ADN confirmou que se trata de Antonio Tuñas, o mazaricán desaparecido hai case un ano.

Segundo confirman fontes familiares a investigación continúa aberta, polo de agora non teñen máis información e esperan que a próxima semana lles digan algo máis do avance do caso.

Continúase buscando o corpo e unha explicación de como puido chegar o cranio ata ese lugar.

Segundo confirmou o delegado do Goberno, Pedro Blanco, a investigación está aberta e non se descarta ningunha hipótese. O caso pode estar relacionado coa desaparición de 'Pandolo', un veciño con antecedentes e que gozaba dun permiso penal cando se produciu a desaparición de Antonio Tuñas.

O Delegado pide que se deixe traballar ás forzas e corpos de seguridade para lograr deter aos autores o antes posible.

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir