Xisco Feijoó pecha xira en Lugo: "Dunha relación moi intensa que tiven saíu un disco chamado 'Peixe'"
O músico visita o Hoy por hoy Lugo para falar do seu primeiro traballo e da súa colaboración con C. Tangana
![Xisco Feijoo pecha xira en Lugo: "Dunha relación moi intensa que tiven saíu un disco chamado Peixe"](https://cadenaser.com/resizer/v2/https%3A%2F%2Fcloudfront-eu-central-1.images.arcpublishing.com%2Fprisaradio%2FLQT7QSZBLNGRNF3GDICDTYZHOU.jpg?auth=15a58cc31ea386f6dc785a6e7f82a9841ff44ec8043c53c3d1eb25724885a1c1&quality=70&width=736&height=414&smart=true)
Xisco Feijoo pecha xira en Lugo: "Dunha relación moi intensa que tiven saíu un disco chamado Peixe"
09:32
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Lugo
Tras levar o seu proxecto 'Peixe' por toda Galicia, e mesmo ata Frankfurt ou Xenebra, Xisco Feijoó pecha a xira deste primeiro disco cunha doble cita. Son dous concertos en Vigo o 1 de decembro, e uns días antes, o 29 de novembro, en Lugo, no auditorio Gustavo Feire.
No concerto en Lugo quixo contar con "moitos colaboradores desa terra marabillosa", coa que se sinte unido a través do seu pai, natural de Sober. Foi alí onde naceu a súa vinculación coa música tradicional, conta, nos xantares e nas ceas familiares: "Había horas de cantos, e veña tocando na mesa, e veña viño, e veña xamón".
Logo de varias décadas de "ir polas aldeas grabando a xente de idade e de facer milleiros de amigos", con todo o material recuperado, decidiu sacar o seu primeiro disco: "Como se di, agora de vello gaiteiro". Serviulle de inspiración tamén, confesa, "unha relación moi intensa, moi persoal e moi arriscada que tiven cunha persoa que decidiu non expresar nunca a ninguén a quen podía amar".
Dedícalle a canción que comparte título co disco, e versos como o 'macho, moi macho', que non pasou desapercibido para ninguén. Segundo explica, non quería máis que expresar que "estivese tranquilo, que aínda estamos vivos".
Conta nos micrófonos da SER que se deu o "gusto" de empaquetar o disco en físico nunha lata de conservas. Ademáis de pola relación evidente co nome do traballo, Xisco
oó asegura que a idea agocha moitos símbolos. É, entre outras cousas, unha metáfora "da evolución de xeito de vivir tradicional e do paso a ser proletariado asalariado, que se ve claramente nas conserveiras". "Fáltalle o aceite nada máis", bromea.
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/25PYUFPCS5AULETZN32GZKXAPI.jpg?auth=91a7ebe02459d89ad37267a77ff64eee2d63aa1dc35eab1d2cabc45fc7e09b38&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/25PYUFPCS5AULETZN32GZKXAPI.jpg?auth=91a7ebe02459d89ad37267a77ff64eee2d63aa1dc35eab1d2cabc45fc7e09b38)
Mentres presentaba o proxecto Xisco Feijoó colaborou tamén con C. Tangana na composición do himno do Celta polo centenario do club: "Él quíxose empapar da música tradicional, almorzamos, fomos de viños, e de aí saíu todo". Desvela como foi e experiencia, e conta tamén que "o Pucho é moi vigués, é socio do celta e aínda llo paga seu pai".
Concerto en Lugo
O día 29 de novembro Xisco Feijoó sobe ó escenario do Auditorio Gustavo Freire para despedir o proxecto. No concerto, que comeza ás oito e media da tarde, participan máis dunha decena de colaboradores. Entre eles incluíu asociacións da cidade. Estarán os Pandereteiros de Cántigas e Frores, e tamén Laura Burgué, Branca Vilares, Xabi Iglesias, Cris Zagaleja, David Vilares, Jara Ortiz, Fran Sieira, Montse Rivera e Luis Lavadom.