Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad

Obradoiros, música e arte para camiñar cara á igualdade no Rosal

O Concello pon en marcha unha campaña cunha morea de actividades ao abeiro do 25N

Entrevista a Beatriz Rodríguez, concelleira de Igualdade do Rosal, sobre a programación do 25N

Entrevista a Beatriz Rodríguez, concelleira de Igualdade do Rosal, sobre a programación do 25N

09:55

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

O Rosal

O Rosal opta a ser un dos concellos da área de Vigo con máis iniciativas para conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O Concello organizará obradoiros, concertos, charlas, exposicións e diferentes accións de visibilización coas que concienciar e sensibilizar á veciñanza.

A campaña arrancou hai dous días coa colocación dun valado publicitario que incide na campaña contra o acceso dos menores á pornografía, unha iniciativa que dá o pistoletazo de saída a toda unha serie de actividades que desenvolverá o Concello durante este ano e o vindeiro para concienciar e sensibilizar ás familias co financiamento de fondos do Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

Onte inaugúrase unha nova edición da exposición ‘Eu Tomo Partido’, que nesta edición contou coa colaboración da Unión Deportiva Ribera con parte da directiva e persoal técnico do club, que coa súa imaxeamosan o seu rexeitamento á violencia de xénero. Este mércores os obradoiros toman as aulas coa última sesión do obradoiro de afectividade e sexualidade ao alumnado de 3º ESO do CPI Manuel Suárez Marquier, no que se traballan conceptos como o consentimento nas relacións, o bo trato e a sexualidade. Pola súa banda, 90 cativos e cativas de educación infantil do CRA María Zambrano traballarán na igualdade co obradoiro ‘Corresponsabilidade no forno de pan’. Unha proposta baseada no libro de Maruxa e Pepiño de Eva Mejuto no que a través do teatro amósase que as tarefas domésticasn son máis amenas se se comparten entre todas as persoas que viven nunha casa. O taller remata con todos os nenos e nenas poñéndose mans á masa e facendo un riquísimo pan.

Actos centrais

O xoves 23 a campaña do 25N esténdese a todo o concello con ‘Senta e pensa no último machismo ante o que calaches’. Serán seis paneis que se situarán no CPI Manuel Suárez Marquier, na Biblioteca Municipal, no Concello, no Auditorio municipal, no Centro Social e no Centro de Saúde para convidar a toda a veciñanza a reflexionar sobre o papel da testemuña nos casos de machismo.

A música chega ás aulas da ESO do CPI o venres 24 co obradoiro ‘Mulleres na música’, un pequeno concerto en directo con anécdotas, citas e detalles curiosos das compositoras co que concienciar ao alumnado da importancia, incidencia e marxinación das mulleres na música ao longo do tempo.

O Concello anima a toda a veciñanza a participar o propio 25 de novembro na concentración que se celebrará no salón de actos do Concello ás 12:00 horas, no que todos os grupos da Corporación municipal lerán un manifesto. Contará coa colaboración da Agrupación Musical do Rosal e a actuación á frauta de Antía Domínguez.

A actividade continuará ás 12.30 horas coa inauguración da exposición ‘Mulleres que inspiran’, unha mostra que busca render homenaxe ás avoas, nais... e recoñecer o labor destas mulleres como piares das familias e da sociedade. Xa ás 19.30 horas a Agrupación Musical do Rosal ofrecerá no auditorio municipal o seu tradicional concerto de Santa Icía, que este ano incidirá na visibilización do papel da muller nas artes.

A programación do 25N rematará xa o vindeiro xoves 30 cunha nova sesión dos Cafés en Igualdade, que centrará a súa charla nos ciberdelitos con enfoque de xénero. A axente da Garda Civil Elena Domínguez afondará nestas cuestións a partir das 17:30 horas na Cafetería Juan.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00