Boa participación do Club Ximnasia Pavillón no campionato do mundo
Os mellores resultados nun campionato do mundo por idades a parella de Sincronismo Pedro Castaño e Mateo Rodríguez
![Pedro Castaño e Mateo Rodríguez entre os mellores 16 junior do mundo](https://cadenaser.com/resizer/v2/ZBHWTMQ7FRAEBG42GVJTWYF4AE.jpg?auth=5633e4b61608fa42fc1ef689bda996097c572f7102e44b589ba8bdaeed2a7f3d&quality=70&width=650&height=650&smart=true)
Pedro Castaño e Mateo Rodríguez entre os mellores 16 junior do mundo / CXP
![Pedro Castaño e Mateo Rodríguez entre os mellores 16 junior do mundo](https://cadenaser.com/resizer/v2/ZBHWTMQ7FRAEBG42GVJTWYF4AE.jpg?auth=5633e4b61608fa42fc1ef689bda996097c572f7102e44b589ba8bdaeed2a7f3d)
Esta semana pasada tivo lugar en Birmingham o Campionato do Mundo por idades 2023 e o primeiro Campionato do Mundo Junior. O club Ximnasia Pavillón partía de Ourense con oito ximnastas que formaron parte da selección española.Os mellores resultados nun Campionato do Mundo por idades a parella de Sincronismo de Pedro Castaño Garrido e Mateo Rodríguez Pérez clasificase para o Primeiro Mundial Junior de Trampolín cunha gran nota en preliminares, con unha nota de 48.430 entre as 16 mellores parellas junior do mundo.Un fallo na final desprazounos ao sexto posto.