Álvaro Villasante:"O concurso de tapas obriga a facer saltos mortais a quen non sabe"
O chef pide poñer en valor a cociña tradicional, respetala e facer unha categoría que os inclúa
Álvaro Villasante: "O concurso de tapas expulsa á cociña tradicional"
07:47
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Lugo
O concurso de tapas chega a súa fin. Xa se coñecen os 12 finalistas que competirán por levarse o recoñecemento desta edcición: Casa d’Auga, El Dotmas Bar, El Boni, Hotel Mercure Lugo-Brasas Brancas, Mesón El Castillo, O Cincuenta e Seis, O Figón, Orixe do Campo, Paprica, Prebe By Bret, Pulpería O Castelo e Santeiro`s Terraza. E malia o éxito, hai quen, coma o chef Álvaro Villasante, pide replantexar o formato.
O cociñeiro do Grupo Nove aplaude a iniciativa e celebra esta "tolemia de semanas nas que houbo que dicir que non á xente" porque estaban ata os topes. Porén, ten a sensación de que a deriva que está a tomar esta iniciativa hosteleira "expulsa á cociña tradicional".
Para Villasante se debería reflexionar e recuperar a distinción de categorías: "cociña de innovación e tradicional". Argumenta que Lugo é unha cidade cunha gastronomía moi marcada e que este concurso está "obrigando a facer saltos mortais a quen non sabe".
Doutro lado dos fogóns defende a necesidade de valorar do mesmo xeito "unha escuma de non sei que ca un polvo á feira ao seu punto, un fígado encebolado ou unha costilleta ben asadiña cunhas patatiñas...¡pode ser brutal!".
O responsable do 'Paprika' ten a sensación de que moitos hosteleiros non se animan a participar porque eses pratos son uns habituais da súa carta, pero pensa que non por iso son menos competitivos. "Terán que cambiala, engadir cantidade, buscar unha boa presentación... pero non por non ser unha aposta arriscada non merecen estar aí", argumenta
Tres que amargan
Sobre o discurrir do concurso, en termos xerais valora estas semanas "de éxito total", mais hai que lamentar comportamentos inapropiados que amosan unha "total falta de empatía co que leva traballando todo o día para que os demais gocen".
"Son tres ou catro, pero é que amargan a un. Dislles que non hai sitio e empezan con reproches tipo 'e logo para que abres?', 'para que te apuntas?' marchan de malas formas, outros que se poñen pegados a unha mesa metendo presión a outro que está comendo...", denuncia.
Cada ano son máis os que se animan a degustar as tapas que os bares e restaurantes de Lugo poñen a disposición da veciñanza, e malia que os ambiente "é moi guai", o respeto debera primar sobre todas as cousas.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo