Sociedad

A Deputación retira dos presupostos a partida nominativa para a USC

Reservan o crédito para concedelo só se se garantiza a continuidade das titulacións "emblemáticas" en Lugo

'Primeiro o primario': Cal é o futuro do Campus Terra?

'Primeiro o primario': Cal é o futuro do Campus Terra?

17:45

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1700573947181/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Lugo

O presidente da Deputación, José Tomé, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, firmaron o convenio de colaboración correspondente ao ano 2023. Tras a sinatura Tomé anunciou que este mesmo acordo "non se vai incluir como nominativo para a Universidade nos presupostos para o 2024".

Retense a cantidade correspondente, pero só se transferirá á universidade en caso de que se manteñan os grados en Enxeñería Agrícola e Forestal con docencia presencial. "Se a cousa avanza favorablemente, asinaremos ao longo do ano que vén", explicou Tomé, "pero a Deputación de Lugo reserva todas as accións que estén na súa man para defender o noso campus".

O presidente do organismo provincial xustifucou a decisión alegando que, aínda que "todas as titulacións son importantes" hai algunas que son "emblemáticas da nosa cidade e da nosa provincia, e non podemos renunciar a elas de ningunha maneira".

O reitor da USC recoñeceu tamén que Agrícolas e Forestais "son parte do núcleo das formacións esenciais" do Campus Terra. Asegurou que entre os obxectivos da universidade está garantizar a súa continuidade, pero tamén "o aumento do número de alumnos nun 10% ao que nos comprometemos".

Cumplir ese reto pasa necesariamente, segundo o Antonio López, polo "redeseño da oferta formativa" e a incorporación de novas titulacións que resulten atractivas e respondan á demanda do alumnado e da sociedade.

Anunciou que para afrontar este reto se constituíu un grupo de traballo, con representación da Escola Politécnica Superior e do equipo de goberno da universidade. Este equipo vai empregar "todo o tempo que faga falta, tomando de referencia un ano" para "deseñar a mellor oferta formativa que pode ofrecer o Campus Terra". Á vez comprometeuse a "garantir sempre esas titulacións esenciais para o campus, que van permanecer aquí e que se van seguir impartindo de forma presencial".

Reitor e presidente da Deputación coincidiron en que tamén a Xunta de Galicia debe implicarse na cuestión. Entenden que o decreto do 2011 que elaborou o Goberno galego, e que establece unhas ratios mínimas de 45 alumnos por aula, está desfasado.

Insistirán para que se revise e se acompase aos cambios sociais, porque non se adapta á realidade actual e moito menos, insistiron ambos, á dos campus periféricos.

Convenio 2023

O convenio firmado nesta ocasión formaliza o traspaso de financiamento á universidade para a actividade que xa realizou ao longo deste ano. A cantidade ascende aos 370.000 euros que segundo Tomé "serven para impulsar a excelencia formativa do Campus e para afianzar o carácter universitario da nosa provincia".

Inclúense na partida 135.000 euros para a redacción do proxecto básico e de execución da nova Facultade de Formación do Profesorado. Construirase en terreos cedidos polo mesmo órgano provincial, ao lado Facultade de Humanidades.

Outras actividades financiadas con cargo a este convenio son inciativas investigadoras, para a transferencia do coñecemento, a posta en valor dos recursos naturais da provincia ou a potenciación do galego como lingua de divulgación científica.

Antía Montes

Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00