Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad
Conciliación

A Guarda abre este día 24 o prazo de inscrición para as actividades de conciliación para as nenas e nenos durante o Nadal

Unha serie de actividades de lecer de carácter gratuito que se celebrarán entre os días 26 de decembro e o 5 de xaneiro

Estes obradoiros de ocio e tempo de lecer para crianzas son de carácter gratuíto e teñen como obxectivo principal facilitar a conciliación da vida persoal e laboral no período non lectivo.

Os obradoiros terán lugar os días 26,27,28 e 29 de decembro e o 2,3,4 e 5 de xaneiro en horario de 9 a 14 horas no Centro Cultural da Guarda. No caso de necesidade das familias, poderá facerse un horario de 8:30 a 14:30, que terá que especificarse na solicitude.

Poderán participar 30 nenas e nenos con idades comprendidas entre os 3* e os 10 anos, empadroadas no concello da Guarda (as nenas e nenos de 3 anos teñen que estar escolarizadas, e só no caso de quedar vacantes poderían participar crianzas doutros concellos)

As inscricións poderán realizarse presencialmente no Rexistro do Concello da Guarda ou na sede electrónica https://aguarda.sedelectronica.gal desde o 24 de novembro ata o 7 de decembro. No caso de presentación electrónica será preciso cubrir unha instancia xeral e achegar cuberta a ficha de inscrición que se pode atopar na web www.aguarda.es.

Se as inscricións superan o límite de prazas, realizarase un sorteo público o día 15 de decembro ás 10:00 h no Concello da Guarda.

O listaxe de persoas admitidas será publicado na web do Concello e aparecerá codificado co número de rexistro da solicitude, polo que resulta importante conservar o comprobante da presentación da mesma.

Máis información en informacion@aguarda.es ou na OMIX do Concello da Guarda

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00