Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad

A San Silvestre do Rosal contará cunha gran chocolatada e sorteo de premios

Aberto o prazo de inscrición para a proba que se celebrará o 31 de decembro cunha andaina e unha carreira

Cartel da San Silvestre no concello do Rosal

Cartel da San Silvestre no concello do Rosal

O Rosal

O Rosal quenta motores para acoller unha nova edición da súa tradicional San Silvestre, unha proba que volve con ganas de reunir a todos os rosaleiros para desfrutar do último día do ano. O Concello xa abriu o prazo de inscrición para participar en calquera das dúas probas que se realizarán: unha andaina de 2.300 metros para a cativada e unha carreira non competitiva de 4 km.

A andaina sairá ás 11:00 horas dende o pavillón municipal cara a Simón do Mazo para percorrer a rúa dos Castros, Campo da Feira, Camiño da Gandarela e Estrada da Morraceira para continuar polo Camiño Campo da Feira, a rúa Simón do Mazo e rematar na Praza do Calvario. Alí tamén rematará a carreira, que sairá ás 12:00 horas tamén dende o pavillón municipal para recorrer a rúa dos Castros, Campo da Feira, Camiño da Gandarela, Camiño da Laxe, Camiño Tiarxo, Camiño Laxe do Campo, Camiño a Maceira, Estrada da Morraceira, Estrada de Furnos e Camiño Pampaloas para continuar polo camiño Campo da Feira e a rúa Simón do Mazo ata a Praza do Calvario.

As dúas probas rematarán cunha gran chocolatada e sorteo de premios. As persoas interesadas en participar nesta cita co deporte saudable poden anotarse ata o vindeiro 27 de decembro enchendo o formulario de inscrición na web municipal cos seus datos persoais. Tras o peche da inscrición, os dorsais poderán ser recollidos antes do día 31 de decembro ou o mesmo día de 10:00 a 10:45 no caso da andaina e de 11:00 a 11:45 no caso da carreira.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00