Un mes contra a Violencia de Xénero en Ribadavia
Recta final para participar no II Concurso de Microrelatos
Ribadavia
O Concello de Ribadavia organiza diferentes actividades para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero que terá lugar o 25 de este mes de novembro.
Entre o amplo programa de accións cabe destacar ese II Concurso de “Microrelatos contra a violencia de xénero”, o prazo de presentación remata este xoves, día 16.
Asemade, colocarase unha pancarta no balcón da fachada do Concello, haberá un reparto de marcapáxinas para todo o alumnado dos centros educativos de Ribadavia e iluminarase en cor violeta o Castelo.
Destacar tamén unha exposición de debuxos e obras artísticas contra a violencia de xénero e pola igualdade do alumnado de Educación Primarias na Casa da Cultura de Ribadavia, ata o día 30, e a elaboración de lazos violetas polos participantes nos Talleres de Memoria e entrega ós Establecementos Asociados de Ribadavia, para que os repartan entre os seus clientes.
Pechando xa programa apuntar: unha xornada divulgativa sobre os riscos do acoso e violencia a través de internet e doutras formas de violencia contra a muller en xeral, no IES Ribeiro, o 22 novembro, a lectura dun manifesto o 24, as 12 e media da mañá na Praza Maior, a colocación de sinais provisionais en farolas con mensaxes contra a violencia de xénero e pola igualdade e por último a colocación dunha mesa informativa o 25N, na Feira.