Sociedad | Actualidad

O temporal causa desperfectos en varios puntos da bisbarra

Os danos principais concéntranse en Mazaricos e Dumbría. Neste concello, un corremento de terras sepulta dous coches e varios cans

Danos producidos no corremento de terras de Martín (Dumbría)

Danos producidos no corremento de terras de Martín (Dumbría)

Costa da Morte

As intensas choivas das últimas horas están a causar problemas en diversos puntos da Costa da Morte. As precipitacións superaron os 100 litros por metro cadrado nas estacións de Zas (121 l/m2) e Santa Comba (132 l/m2), e están a causar enchentes e asolagamentos. Os danos son cuantiosos, especialmente nos concellos de Mazaricos, Dumbría e Vimianzo.

En Dumbría, un corremento de terras no lugar de Martín provocou que dous vehículos e varios cans quedasen sepultados baixo a lama. Tamén afectou a varias árbores e postes da luz. As empresas suministradoras traballaban esta mañán tentando repoñer as infraestructuras esnaquizadas. O feito sucedeu a escasos metros dunha vivenda.o que evitou un desenlace dramático, e afectou ao alpendre anexo. A estrada que comunica Brens con Hospital permance pechada. Ese vial, que leva xa moitos meses cunhas obras paralizadas, presenta un estado preocupante debido a esa provisionalidade. Na desembocadura do río Xallas, a fervenza do Ézaro desembalsa grandes cantidades de auga, un feito que acabou por arrastrar 30 metros de pasarela. Alí, moitos curiosos desafían os precintos que pretenden afastar ás persoas da zona de perigo.

En Mazaricos a apertura do encoro da Fervenza, no Río Xallas, provocou o asolagamento de campos río abaixo e importantes danos no albergue Ponte Olveira. A dona do establecemento, Alba Lado, recoñecía no Vivindo a Costa da Morte que "dende hai 34 anos nunca pasara isto". Recibiron un aviso do Concello ás dúas e cuarto da tarde, "acababan de avisarlles de que ían abrir comportas. Non dou tempo de retirar nada. Cando chegamos ás 15:30 xa chegaba a auga polos nocellos. Acabou pasando do xeonllo. Sobre as tres da mañán aumentou ata os 70 cm". Os danos no seu establecemento afectan ao bar "que está totalmente inservible: neveiras, estufas, mobiliario..." e tamén ao albergue, "a cociña, sala da televisión, habitacións...". A xerente do albergue sinala a Xeal como a principal responsable do sucedido. "Toda fin de semana sabíase que ía a haber moita auga e o río foi polo caudal, non houbo aumento por vaciado do encoro. Había campionato de piragüismo e non soltaron auga. Agora pagamos nós. Quen leva cartos do río é Xeal, nós non. Nós só perdemos".Juan Blanco, alcalde de Mazaricos, declaraba en Radio Nordés que "a gran cantidade de auga caída nas últimas horas" complicou a regulación do encoro. "Non dá tempo a reparar os danos do paso dun temporal e xa vén outro. Está sendo un outono moi complicado. Confiemos que haxa axudas extraordinarias para esas reparacións extraordinarias"

Tamén nas últimas horas producíronse varios accidentes de tráfico. Un deles en Mazaricos, co resultado dunha persoa ferida e outro en Cances (Carballo), esta pasada noite, con 5 feridos, entre elas un menor trasladado ao materno infantil.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00