Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad
Cine

Este venres proxéctase “Matria” de Álvaro Gago no Teatro Municipal de Tui

A cita será ás 21.30 h e as entradas están á venda na web do concello, tui.gal

"Matria" de Álvaro Gago

"Matria" de Álvaro Gago

O cinema é o protagonista esta semana na programación de outono no Teatro Municipal de Tui. Mañá venres ás 21.30 h proxectarase a película “ Matria” dirixida por Álvaro Gago.

O filme, con 100 minutos de duración, está protagonizado por María Vázquez no papel de Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e precario nun pobo da costa galega. Fai malabarismos con múltiples traballos para manterse a flote e proporcionar un futuro mellor a súa filla Estrella. Pero cando Estrella está preparada para tomar o seu propio camiño, Ramona dáse conta de que, por primeira vez, pode facer algo por si mesma.

Por este papel María Vázquez recibiu o Premio á mellor actriz no Festival de Málaga. Tamén forman parte do reparto Santi Prego, Eduardo R. Cunha ‘Tatán’, Francisca Iglesias, Soraya Luaces e Susana Sampedro

As entradas pódense adquirir até o venres ás 21.15 h en tui.gal aos prezos de 6€ e 4€.

As próximas citas nesta programación de outono serán o venres, 17 de novembro, ás 19.30 h con Baobab Teatro e a obra “Ás para Álex”, e por último o venres 24, ás 21.30 h con Redrum Teatro con “Hamelin”. Todas as entradas están xa á venda en tui.gal.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00