O Concello de Salvaterra instalará un Mercado de Nadal os días 15 e 16 de decembro
O Mercado de Nadal coincide co día no que se inaugura o alumeamento de Nadal e a decoración da Praza do Concello
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/ORIMAPQIXRAMRGZYDFH3HXYPQY.jpeg?auth=59fd58f2cd4a6e50465ec8122d174bdc4aec0d728c724db4e0959482fd0804e7&quality=70&width=650&height=650&focal=322,171)
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/ORIMAPQIXRAMRGZYDFH3HXYPQY.jpeg?auth=59fd58f2cd4a6e50465ec8122d174bdc4aec0d728c724db4e0959482fd0804e7)
O concello de Salvaterra organiza un Mercado de Nadal nos días previos ás datas festivas. Así, nun comunicado indica que os días 15 e 16 de decembro aqueles comercios, artesáns ou asociacións interesadas poderán participar deste evento que coincide coa inauguración da decoración da praza.
Dentro do plan de promoción e dinamización da vila, o Concello de Salvaterra de Miño lanza un Mercado de Nadal para os días 15 e 16 de decembro na Praza do Concello. O evento que comezará o venres 15 coincidindo coa inauguración da decoración da praza polos alumnos e alumnas dos centros educativos e do ciclo de Carpintaría do IES Salvaterra de Miño busca ofrecer un espazo visible a asociacións, comerciantes e artesáns para expor os seus productos.
O venres o mercadillo terá un horario de 16:30 a 20:30 horas e o sábado 16 de decembro en horario de mañá e tarde de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas. As prazas para os postos son limitadas polo que aqueles interesados en participar deberán enviar os seus datos á seguinte dirección de correo electrónico comunicacion@concellodesalvaterra.org