La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
conciliación

A Concellería de Igualdade de Baiona abre o prazo para inscribirse no Programa de Conciliación de Nadal 2023

O prazo para inscribirse comeza este mércores 8 e remata o día 22 de novembro

O concello de Baiona envía un comunicado co prazo para inscribirse no programa de conciliación que pon en marcha para as vacacións de Nadal. As persoas interesadas en participar teñen de prazo ata o próximo mércores 22 de novembro para solicitar prazas nesta iniciativa.

O programa de conciliación Nadal é un programa promovido pola Concellería de Igualdade, a través do Centro Municipal de Información á Muller, que ten como obxectivo a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas, favorecendo o seu desenvolvemento integral.

O prazo para presentar as solicitudes finaliza o 22 de novembro ás 14:00 horas e as actividades se desenvolverán no CPI Cova Terreña, e vai dirixido a menores de 3 a 12 anos. Para máis información poden contactar no teléfono 986 357 552 e 986 35 75 54 en horario de 8:30 a 14:30 horas.

As bases que regulan a convocatoria poden descargarse a través da páxina web do Concello de Baiona, do taboleiro electrónico ou recollelas no Rexistro do Concello. Para calquera aclaración poden contactar no 986 35 75 52 ou no 986 35 75 54 ou no CIM de Baiona.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00