O concello de Oia leva a Mougás a obra "Heinrich: aprendiz de mago", un espectáculo infantil para este martes 31
A obra represéntase no Centro Cultural de Mougás o martes ás 17h30
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/5T7OA5JYZZAQ7F6DIULEDPYOTM.jpg?auth=a60c38c821f2fdb9aed6896d99c2c286b18b856c77cf6a6273f8c3d022a106d5&quality=70&width=650&height=650&smart=true)
‘Heinrich: aprendiz de mago’, a obra que se representa en Mougás este martes 31
![‘Heinrich: aprendiz de mago’, a obra que se representa en Mougás este martes 31](https://cadenaser.com/resizer/v2/5T7OA5JYZZAQ7F6DIULEDPYOTM.jpg?auth=a60c38c821f2fdb9aed6896d99c2c286b18b856c77cf6a6273f8c3d022a106d5)
Achégase o Samaín e, con el, algunhas propostas culturais pensadas para toda a familia.
O Centro Cultural de Mougás acolle este martes 31 de outubro a obra ‘Heinrich: aprendiz de mago’. Trátatase dun espectáculo infantil da compañía Simplemente Enricco no que o teatro se combina coa maxia e o circo. A obra comezará ás 17.30 horas e forma parte da iniciativa "Tornar ás Táboas", a programación teatral da Deputación de Pontevedra.
Ademais, conta coa colaboración do Concello de Oia e a Asociación de Veciños de Mougás.
"Heinrich: aprendiz de mago"
O protagonista da historia é Heinrich, un mago algo desastroso ao que lle comezarán a acontecer algunhas cousas misteriosas e inexplicables. Impresionantes xogos malabares, arriscados equilibrios e incluso unha estrutura de funambulismo na que Heinrich logrará levitar son algunhas das sorpresas que agocha este orixinal espectáculo.